Empresarios focenses asistiron este mércores na Casa da Cultura a un Taller de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizado pola Federación Galega de Comercio e a Dirección Xeral de Comercio. A iniciativa contou coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz. Os encargados e presentar o taller foron os presidentes da Federación Galega de Comercio e do CCA focense, José Mª Seijas e José Carlos Paleo. Este talleres, que deron comezo en Foz, seguirán ao longo das vindeiras semanas en O Barco, Sarria, Betanzos ou Redondela, entre outras vilas galegas.
Como poñentes interviñeron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; a inspectora do Instituto Galego de Consumo Mª Montserrat Rodríguez; de Medios de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca participou Miguel Ángel Bermúdez; e Susana Basanta, de Vagaluz, firma implantada desde hai algún tempo en Foz.
Sol Vázquez na súa intervención fixo fincapé na importancia que ten a presenza do comercio nas redes sociais: “estamos diante dunha nova maneira de comprar e debemos ter presente o potencial de ventas e crecemento que as firmas poden rexistrar a través das redes sociais. Na venta online non hai fronteiras”. A directora xeral de Comercio subliñou que “na pasada campaña de Nadal o 20% das compras realizadas durante esas datas fixéronse a través de internet”.
tall-fozMª Montserrat Rodríguez, pola súa banda, centrou a súa exposición nalgúns consellos para o comercio, para os locais e tamén para os seus clientes. A inspectora do Instituto Galego de Consumo falou da necesidade de ter nun lugar visible as follas de reclamación, así coma a obriga de ter que darlles resposta nun prazo de 30 días, desde a súa presentación: “no lugar de maior concorrencia de pública deben estar colocados os carteis anunciados en varios idiomas: galego, español e inglés”. Sobre os prezos referiuse aos prezos por unidade de medida (en supermercados, perfumerías…), á necesidade de que o prezo inclúa a cantidade total que hai que pagar por un articulo (Ive incluído), os prezos por servizo que deben ter á vista algúns locais comerciais ou os medios de pago e devolucións. “O importante é que o cliente estea ben informado, e que non teña necesidade de entrar na tenda para coñecer todas estas cousas”, dixeron Sol Vázquez e Mª Montserrat Rodríguez.
Neste taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica participou Miguel Ángel Bermúdez, de Medios de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca, que insistiu en que os bancos están para axudar tanto ao comerciante coma ao comprador. Falou das novidades tecnolóxicas de pago que se están a implantar nas cidades e que tamén están a chegar a vilas máis pequenas. Puxo como exemplo que un cliente pode pagar con tarxeta as súas compras, sen necesidade de pedir que lle apracen os pagos na tenda, xa que agora pode facelo a golpe de teléfono móbil e de ordenador desde a súa casa.
Finalmente Susana Basanta, de Vagaluz, tenda de roupa de nen@s implantada en Foz desde hai uns meses contou a súa experiencia coa venta online. Dixo que o 60% das súas ventas fanse a través de internet e que incluso algúns articulos van para Estados Unidos, de aí que estea a pensar en traducir a súa páxina web. Fixo alusión á necesidade de ofrecer aos clientes diversas formas de pago a través das redes sociais e referiuse á necesidade de investir en publicidade en Google para situarse nos seus ránkings de saída e así estar o máis visible posible en internet. Para Susana Basanta o comercio online esixe dedicación as 24 horas dos 365 días do ano. Segundo indicou Vagaluz conta con 50.000 visitas nas súa páxina web e miles de seguidores e me gustas nas súas redes sociais, “algo que é moi bo, non só para o seu comercio, senón para Foz e para o resto dos locais e establecementos, porque nos sitúa a todos no mapa”, apuntou o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo.
Este taller contou coa asistencia do alcalde, Javier Castiñeira, que deu a benvida e dirixiu unhas palabras aos asistentes.