
Volta ao cole
16-09-2025
Ven, 29/08/2025 - 11:15 adm
Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que desenvolverá do 29 de agosto ao 15 de setembro.
O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.
AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.