Que facer en Foz
Foz foi tradicionalmente unha vila de pescadores, pero hoxe en día a maior parte dos recursos económicos son obtidos a partir do turismo.
Numerosas son as festas que ao longo do ano se celebran en Foz:
- Comezando polo mes de xaneiro destaca a festa adicada a exaltación do chícaro considérase unha gran festa gastronómica.
- O entroido, mes de febreiro ou marzo, destaca un gran desfile de máscaras, charangas, carrozas e comparsas o sábado. Durante 5 días, que comenza co pregón e o Concurso de Coplas, podemos desfrutar con diversos bailes de máscaras, o Touporroutou e o famoso Baile do Farolillo rematando co “Enterro do Entroido”
- Tradicional é a Semana Santa en San Martiño, na que sobresae o acto do desencravo. Durante o Xoves Santo, Venres Santo e Sábado, Concurso gastronómico Ruta das Tapas.
- Festa do Bispo Santo tradicional romaría na que se conmemora o milagre do Bispo Santo. ( Maio ou Xuño)
- No verán podemos disfrutar de ciclos musicais como “ Vrao”, Hellfoz ou de música galega.
- O 16 de xullo a famosa procesión en honor a Virxe do Carme que é a patrona dos mariñeiros. As rúas están cheas de fermosas alfombras florais.
- Festas Patronais de San Lourenzo. Durante todo o mes de agosto hai distintas actuacións de cine, teatro,Feira do libro, mostras folclóricas e tamén concertos no que destaca Tentacle Summer Fest adicado á música alternativa.
- Os dous últimos fines de semana están reservados para a Feira Multisectorial e a Festa Normanda.
- Ao largo de todo o ano celébranse festas nas parroquias: San Blas, Santiago Apóstol, Carmelita (Nois), San Xoan, Festa do Carme ( San Martiño), San Campio, San Aclisco e San Andrés.
SENSACIÓN SURF ESCOLA propón
- Rutas. Dispón de 5 bicicletas que poderás alquilar para desfrutar das rutas do municipio focense.
- Surf. Imparten clases de surf para todas as idades.
Que ver en Foz
O Concello de Foz está na Costa de Lugo. Situado na desembocadura do río Masma, posúe unha área de aproximadamente 100 km2. Ten 25 km de litoral onde se atopan diversas praias de fina area branca, con grandes beneficios para a saúde grazas ao seu iodo que se poden visualizar dende o Pico da Lebre.
Praias: A Rapadoira praia urbana con Q de calidad turística, Bandeira Azul da CE ao igual cas praias de Llas, Peizás, Arealonga e Areoura. Ademáis, as da Pampillosa, Polas, Xunco, Alemanes e Fondás.
Situado nas marxes do Mar Cantábrico, é un lugar turístico de grande importancia nas Rías Altas. Ten moitas atraccións turísticas coma instalacións deportivas, actividades de lecer, actividades náuticas e grandes terrazas de diversión nocturna xunto á praia ou ao redor do porto.
Os amantes da arte poden visitar a Basílica de San Martiño, a uns 5 km do casco urbano de Foz,que conta cunha guía durante todo o ano. Tamén poden ver o Castro de Fazouro datado entre os séculos I ou III d.C ou a Frouxeira que son os restos da fortaleza do Mariscal Pardo de Cela.
Fotos: Pablo Cid Gómez