
Entregado o premio “ o teu café ten premio”
09-03-2026
Lun, 09/03/2026 - 17:59 adm
Entrega da cesta da campaña “O teu café ten premio” organizada por Acia Foz‑CCA
Acia Foz‑CCA fixo entrega hoxe da cesta correspondente ao sorteo da campaña “O teu café ten premio”, desenvolvida entre o 23 de febreiro e o 2 de marzo e enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés, celebrado no IES de Foz.
A gañadora do premio foi Nazaret Cruz Leal, que recibiu a cesta de mans do presidente de Acia Foz‑CCA, José Carlos Paleo; do responsable de CoffeeUrbanRoasters, José Manuel Martínez Yáñez; e da concelleira de Comercio do Concello de Foz, Kathy Navarro. A entrega tivo lugar esta mañá, tras realizarse o sorteo o pasado venres en Radio Foz.
A cesta incluía unha selección de produtos especializados relacionados co mundo do café, co obxectivo de poñer en valor a cultura cafeteira e reforzar a conexión coa celebración do campionato internacional, un evento que cada ano sitúa Foz como referencia neste ámbito.
A campaña foi organizada por Acia Foz‑CCA coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Foz, entidades que apoian de maneira habitual as accións de dinamización comercial impulsadas pola asociación.


