causes

Comercio na rúa/ fóra stocks

27-07-2024

Lun, 22/07/2024 - 11:53 adm

 AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 24, 26 e 27 de xullo. 

Durante esas xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou FozAntigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia,Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación SurfThecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñaque “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten moi acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.