~~Ademais de contar cun cartel nacional e internacional de gran calidade, TENTACLE ofrece este ano unha novidade: as xornadas Tentacle Teknica 2015.
 As xornadas incluirán ponencias sobre as últimas tendencias e a evolución da música electrónica coa participación de recoñecidos selos discográficos, deseñadores de imaxe, produtores e DJs, tanto a nivel nacional como internacional:

 • PREMIER.- Estreo do documental JACKMANÍA presentado polo seu Director e produtor Ino Planes.
• PONENCIA 95:15 de Viktor Flores coa participación de Red Bull Music Academy.
• LIVE-DEMO- ROLAND de Nacho Marco con caixas de ritmos.
• DEMO Y SPEECH de Bonfante sobre a integración dos sons analóxicos na música electrónica.
• SINERXIAS, A UNIÓN DO DESENVOLVEMENTO VISUAL CREATIVO E A MÚSICA ELECTRÓNICA con Anita aka Plastica.
• PONENCIA sobre a creación dun selo de música electrónica desde cero con Certain people.
• PROCESO AUDIOVISUAL VINCULADO A UN SELO ELECTRÓNICO por Eros Marez Banm Records.
• MUSICA ELECTRONICA E GASTRONOMÍA por Hunger Culture.

Seguirá habendo a sesión Vermú aberta ao público (12:00 a 15:30h).
 As sesións de tarde comezarán ás 17:00h prolongándose o venres ata as 04:00h e o sábado ata as 05:00h.

A división da programación por días será a seguinte:
 Venres 14 de agosto:
 DJ T. / NACHO MARCO / DJ INO & MC JOHNNY DEF / RHYTHM&SOUL / Bonfante / Manolo Vilouta / Mario González & Diego González / Alex Nite / MR Costy / GLS

Sábado 15 de agosto:
 MARSHALL JEFFERSON / TYREE COOPER / BOBBY STARRR / VICTOR FLORES / Vitor P / Adolfo Velayos / LRoca / Mr. Fishman / Oscar Mosqueira / Cats & Monkeys

O Festival de música electrónica “Tentacle” é un proxecto que nace dunha premisa: diferenciarse do resto de festivais electrónicos. Para isto, nas catro edicións anteriores, seleccionouse un abanico de artistas internacionais e nacionais experimentados nun estilo clásico e moi marcado como é o son HOUSE, converténdose nun referente na música electrónica en toda Galicia e empezando a consolidarse como unha cita importante a nivel nacional.

O Festival realízase nunha localización privilexiada, pegado á espectacular ría de Foz, con vistas abertas ao mar, aproveitando o vínculo que o contorno xenera coa natureza.