NA CAFETERÍA HAPPY DAYS FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO PRIMEIRO CAMPAÑAZO DE XANEIRO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. ANTONIO NÚÑEZ CARREIRA FOI O GAÑADOR, QUE RECIBIU 300 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS LOCAIS ASOCIADOS.
Este venres, a partir das once da noite chegará unha nova cita co Campañazo, que organiza o Centro Comercial de Foz. En xogo estarán 600 euros en premios, 300 para a primeira persoa que o cante e outros 300 para o resto dos premiados.
O pasado 12 de xaneiro daba comezo esta nova edición do Campañazo do CCA focense, que xa repartiu esa noite os primeiros 600 euros en premios. Na cafetería Happy Days tivo lugar a entrega de agasallos aos afortunados. Antonio Núñez Carreira foi o gañador e recibiu 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. Outros sete premiados repartíronse os outros 300 euros do sorteo. Encargouse de facer a entrega Olaya Pedrosa, a secretaria de ACIA/CCA de Foz.
Os 34 establecementos comerciais participantes neste Campañazo de Foz son: Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética y Nutrición Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, Mapfre, María Docampo, MRW, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Ramoné, Salai Campo, Suministros Veipa, Unique-2, Vagaluz e Viajes Rodríguez.
O sorteo pódese seguirse en directo a través de Radio Foz nos seguintes locais de hostalería: A Viela, Acuario, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Costumes do Mar, Pizerría Xoiña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.