~~ENTREGADOS OS PREMIOS AOS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES DO CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2015, CONVOCADO POR ACIA/CCA DE FOZ.
 Foz, 21 de xaneiro de 2016. O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo entregou os premios aos establecementos gañadores do Concurso de Escaparates do pasado Nadal, que se levou adiante a través do facebook da asociación.
 Foron máis de 3.200 as votacións que se produciron nas dúas semanas que durou o concurso nas redes sociais e “no que a igualdade e o compañeirismo foron a tónica dominante”, segundo sinala Paleo.
 O primeiro premio foi para Pastelería Bombonería Amarena. E houbo unha mención especial para Xanela Agasallos e Complementos. Ata os dous locais se achegou o presidente do Centro Comercial Aberto para facerlles entrega dos diplomas correspondentes a Ángeles e Aurora as propietarias dos establecementos gañadores: “a votación foi moi reñida, estes dous locais conseguiron máis de 400 me gusta en facebook”.
Acia/CCA de Foz agradece a participación a todos os locais no Concurso de Escaparates de Nadal 2015 “polo esforzo e o traballo realizados para que os seus establecementos lucisen moi bonitos nas pasadas festas. ( FARO NORTE- COMUNICACIÓN)