ABANCA e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da Mariña.
O presidente dos empresarios e comerciantes de Foz, José Carlos Paleo López, e odirector de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro Pita, rubricaron en Foz un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do nortede Galicia.
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da Mariña asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.
Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes e empresarios da Mariña a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizoAPLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica).Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivosTPV.
Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz naceu no ano 1988 e agrupa os intereses de preto de 140 empresas e negocio da comarca lucense, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizose industriais, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.