O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, e o propietario de Kukadas, Míchel Cabaleiro, fixeron entrega dun premio de 300 euros nunha tarxeta de compra para consumir no comercio asociado a Vicente Gandoy. Este rapaz resultou afortunado con este agasallo da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizaron a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia durante a segunda quincena do pasado mes de xuño. A campaña incluía sorteos e regalos tanto para clientes como para comerciantes.