A CAMPAÑA DA FEDERACIÓN DE COMERCIO A MARIÑA RECALA ESTA SEMANA EN FOZ. O SÁBADO TERÁ LUGAR O SORTEO DE 2.000 EUROS EN VALES DE COMPRA NA CARPA QUE ESTARÁ INSTALADA NA PRAZA DO CONCELLO.
A Mariña, 24 de outubro de 2016. Segue a campaña da Federación de Comercio A Mariña que arrincaba o día 15 deste mes en Viveiro. Esta semana recala en Foz
Durante estes días os clientes que fagan as súas compras ou consuman na hostalaría local deberán gardar os seus tíckets de compra para que despois o sábado, 29 de outubro, se dirixan á carpa de A Mariña Federación, que estará situada na praza do Concello, e alí obterán as rifas para participar no sorteo presencial que se celebrará ás 20.30 horas desa mesma xornada. A organización dará unha rifa por cada tícket superior aos 10 euros.
Os 2.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz repartiranse en 10 premios de 100 euros cada un, un premio de 200 euros, un premio de 300 euros e un premio de 500 euros.
Durante toda a campaña da FCAM, que se desenvolve desde o 10 de outubro ata o 26 de novembro, sortéanse en total 12.000 euros en vales de compra. Xa se celebraron sorteos en Viveiro e en Ribadeo e despois de pasar por Foz a campaña chegará tamén a Burela, Xove e O Vicedo.