causes

Sorteo Día do Pai

23-03-2026

Mar, 24/03/2026 - 10:57 adm

Acia Foz-CCA sorteou hoxe as cinco sesións fotográficas da súa campaña do Día do Pai, que tivo lugar entre o 2 e o 22 de marzo. 

As papeletas afortunadas son: 17293, que foi entregada en Carnicería Salai Campo; 18440, en Masssaúde; 4100, en Decoraciones Pura; 23822, en Infotec; e 12380 en Ofifoz. 

O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas. 

Acia Foz-CCA organizou a campaña do día do pai coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.