
Sorteo Día do Pai
23-03-2026
Mar, 24/03/2026 - 10:57 adm
Acia Foz-CCA sorteou hoxe as cinco sesións fotográficas da súa campaña do Día do Pai, que tivo lugar entre o 2 e o 22 de marzo.
As papeletas afortunadas son: 17293, que foi entregada en Carnicería Salai Campo; 18440, en Masssaúde; 4100, en Decoraciones Pura; 23822, en Infotec; e 12380 en Ofifoz.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA organizou a campaña do día do pai coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.

