causes

Dulce afrodisíaco

16-02-2025

Lun, 03/02/2025 - 12:17 adm

DOCES E CÓCTEL AFRODISÍACOS PARA CELEBRAR SAN VALENTÍN DO 10 AO 16 DE FEBREIRO DENTRO DA CAMPAÑA DE ACIAFOZCCA PARA ESTAS DATAS.

 En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 10 ao 16 de febreiro dentro da campaña de AciaFozCCA para estas datas. A tradicional cita foi presentada polos responsables de dous dos establecementos participantes Xoyma e Anduriña, acompañados do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e da concelleira de Comercio, Kathy Navarro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 10 ao 16 de febreiro Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de San Valentín. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.