causes

Volta ao cole. Sorteo de 500€ en vales de compra. 10 premios

15-09-2024

Mié, 28/08/2024 - 12:11 adm

  •  Do 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA, na que se sortearán 500 euros en vales de compra. 

    O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, subliña que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros, entre o 29 de agosto e o 15 de setembro, participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

    Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais  nos que atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si ademais levamos un premio de 50 euros para a casa, moito mellor”.

    AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.