
Sorteo Día da Nai
08-05-2026
Vie, 08/05/2026 - 13:36 adm
SORTEADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI DE ACIA FOZ-CCA: UNHA OBRA DE ARTE E 400 EUROS EN VALES DE COMPRA.
Hoxe tivo lugar o sorteo dos premios da campaña do Día da Nai de Acia Foz-CCA: unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra.
Os números premiados son os seguintes: o 17.140, agraciado coa obra de arte, foi repartido en Librería A Rapadoira; e os vales de compra de 100 euros cada un foron para os números 12.227 entregado en Pastelería Xoyma, 19.506 en Lencería Esther, 4.654 en Decoraciones Pura e 3.206 en Librería Bahía.
O sorteo celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación de José Carlos Paleo, o presidente de Acia Foz-CCA, e da xerente, Ana Segade. Desde Acia Foz-CCA agradecen “a fidelidade no comercio local unha vez máis para unha data tan especial como a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA contou para esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.

