causes

NÚMEROS SORTEO SAN VALENTÍN 2025

19-02-2025

Mié, 19/02/2025 - 13:11 adm

 AciaFozCCA  500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro. 

O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas. 

Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira). 

As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas”, subliña o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. 

AciaFozCCA agradece a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz na campaña de San Valentín.