causes

Números premiados Volta ao Cole

21-09-2026

Lun, 21/09/2026 - 22:58 adm

 

XA SE COÑECEN OS NÚMEROS GAÑADORES DA CAMPAÑA DA VOLTA AO COLE DE ACIA FOZ-CCA. 

Xa se coñecen os números gañadores da campaña da Volta ao Cole de Acia Foz-CCA, que se desenvolveu do 31 de agosto ao 20 de setembro. Na cita participaron 86 negocios locais. 

O número 23.631, papeleta entregada en Pirde Moda, resultou agraciado cun pack de aventura familiar. E os números 27.906 entregado en Ofifoz, o 2.772 en Koquetas Moda, 23.222 en Peluquería Canina Huellas e 1.185 en Estanco Leitón recibirán 100 euros en vales de compra cada un.

As persoas afortunadas poden contactar co seguinte número de teléfono 982 132 751

O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. 

AciaFozCCA conta para a campaña da Volta ao Cole coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.