causes

DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO

30-06-2024

Vie, 28/06/2024 - 10:46 adm

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 10 e o 30 de xuño de 2024 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 20.000 euros en premios, distribuidos en 44 tarxetas prepago regalo de 250 euros (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros (15 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 31 de outubro de 2024. O sorteo realizarase ante notario o 2 de xullo de 2024.

Para participar na campaña, proporcionámoste 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, ti como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.