
CON MOITA ARTE PARA MAMÁ
08-05-2026
Jue, 23/04/2026 - 10:34 adm
ACIA FOZ-CCA impulsa a campaña do Día da Nai “Con moita arte para mamá”
ACIA FOZ-CCA celebra o Día da Nai cunha nova campaña que se desenvolverá do 24 de abril ao 5 de maio, co obxectivo de fomentar as compras no comercio local.
As persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos establecementos asociados poderán participar no sorteo, que terá lugar o 8 de maio en Radio Foz, con premios como:
- 1 obra de arte dunha artista local
- 4 vales de 100 euros
A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Foz.
Dende a asociación animan a mercar en Foz e celebrar esta data apoiando o comercio de proximidade.

