"MARÍA NIEVES OLIVERAS E BIBIANA LÓPEZ SON AS PRIMEIRAS GAÑADORAS DO CAMPAÑAZO DE ACIA/CCA DE FOZ, CELEBRADO O PASADO VENRES. MAÑÁ, 13 DE NOVEMBRO, PÓÑENSE EN XOGO MÁIS PREMIOS.
Foz, 12 de novembro de 2015. María Nieves Oliveras Cuéllar e Bibiana López Iglesias son as dúas primeiras gañadoras do Campañazo de ACIA/CCA de Foz, celebrado o pasado venres, 6 de novembro. Cada unha foi agasallada con 150 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. As dúas ra...pazas cantaron os seus cartóns no mesmo local, na cafetería Xoyma. Na Estación de Servicio de Foz e en Lencería Esther foi onde se repartiron os cartóns premios. Os seus responsables acudiron xunto a representantes de ACIA/CCA á entrega dos vales de compra, que tivo lugar nas últimas horas na cafetería Xoyma.
No Campañazo do pasado venres houbo máis premiados, que en total levaron outros 300 euros en premios.
Mañá, 13 de novembro, a partir das once da noite terá lugar unha nova cita co Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán outros 600 euros en premios."( Faro Norte-Comunicación)