causes

XORNADAS GASTRONÓMICAS DAS ALBÓNDEGAS

23-02-2025

Mar, 18/02/2025 - 12:17 adm

Do 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas
gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais
hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez
negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas
elaboracións”.
Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar
Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e
Xoyma.
Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de
Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.
Colaboran con AciaFozCCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da
campaña participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy
Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.
O teu café ten premio
Desde onte e ata o 23 de febreiro desenvólvese tamén a campaña especial denominada
O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e
de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.
Aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine,
Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma
entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta
por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de
febreiro.
AciaFozCCA organiza esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello
de Foz.