SORTEO DE 1000€. 10 VALES DE COMPRA DE 100€
15-12-2016
Xov, 15/12/2016 - 12:27 admin
O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ SORTEARÁ 1.000 EUROS EN VALES DE COMPRA ESTE NADAL. SERÁ O VINDEIRO 27 DE DECEMBRO. E ADEMÁIS ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE ESCAPARATES.
O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra este Nadal. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 16 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz.
Os locais que se dan cita na campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto de Foz son: 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Arrullos, Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao Productos Ecológicos, Electrodomésticos Celso, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Faxtor Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Ofifoz,Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Saint Tropez, Suministros Veipa, Vagaluz, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos e Zapatería Chinela.
Acia/CCA de Foz tamén contribuirá con diversas propostas á ambientación das rúas da localidade durante este Nadal 2016/2017.
Durante as vindeiras semanas terá lugar unha nova edición do concurso de escaparates. Os establecementos interesados en participar teñen que enviar as fotos dos seus negocios á seguinte dirección de correo electrónico aciafoz@gmail.com antes de mañá, día 16, e do 17 de decembro ao 6 de xaneiro poderanse ver no facebook da asociación e poderanse votar. Aquela foto que reúna máis “me gusta” ao longo deses días será a gañadora do concurso de escaparates deste Nadal.
O Centro Comercial Aberto de Foz anima “a facer as compras deste Nadal no comercio máis próximo, no que temos a carón das nosas casas. Nel atoparán todo o que precisan e ademais poderán optar a levar algún premio de 100 euros en vales de compra. Que todo o mundo garde as súas papeletas e que permanezan atentos ao sorteo do vindeiro 27 de decembro”. E lembran que “é importante seguir empregando a tarxeta do comercio de Foz para acumular descontos nas nosas tendas”.