causes

OKTOBER FEST FOZ

13-10-2024

Ven, 04/10/2024 - 10:53 adm

OS DÍAS 11 E 12 DE OUTUBRO CELEBRARASE EN FOZ A OKTOBER FEST, QUE ORGANIZA ACIAFOZCCA. 
 Os días 11 e 12 de outubro celebrarase en Foz a Oktober  Fest, que organiza AciaFozCCA. 
Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a  hostalería local a véspera do Pilar e esa mesma xornada festiva, que coincide en sábado”.
A Oktober Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. 
A Oktober Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.