causes

O teu café ten premio

20-02-2026

Ven, 20/02/2026 - 12:33 adm

Acia Foz-CCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 14 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.

Aquelas persoas que tomen o café en A Funciona, A Rambla-Pachán, Anduriña, Bar 78, Cafetería Leyton, Coffee Urban Roasters Foz, Dandy,  Happy Days, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Xoíña Pizzería e Xoyma entre o 23 de febreiro e o 1 de marzo participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o día 6 de marzo.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida en 2024 e 2025 e neste ano agardamos repetir. Os amantes do café teñen a ocasión perfecta para saborear as elaboracións que atoparán nos doce locais participantes”. E subliña “a importancia que ten un evento internacional, como é o Campionato de Baristas, para Foz, para a súa hostalería, para os hoteis, para os apartamentos… en definitiva é un revulsivo para a economía local en febreiro”.

AciaFozCCA organiza esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.