
Números premiados sorteo San Valentín
19-02-2026
Xov, 19/02/2026 - 15:54 adm
Acia Foz-CCA sorteou hoxe os premios da campaña de San Valentín: 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.
Ao número 17470, papeleta repartida en Fauna, correspondeulle o cofre coa escapada romántica; e catro números resultaron agraciados con 100 euros en vales de compra cada uno. Son o 8784, entregado en Xoguetería Bahía; o 12641, distribuído en Mapfre; o 3994, repartido en Hedra; e o 4361, entregado en Chinela.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa asistencia do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que felicitou ás persoas afortunadas e agradeceu “a súa confianza e fidelidade nos negocios locais para esta tradicional cita e para as vindeiras campañas nas que estamos a traballar”.
Acia Foz-CCA contou para a campaña de San Valentín coa colaboración de Comercio Galego, Xunta de Galicia e Concello de Foz.


