causes

CARTAS AOS REIS MAGOS/CARTAS DOS REIS

02-12-2016

Ven, 02/12/2016 - 19:37 admin

Os nenos e as nenas de Foz están de noraboa. Os que fagan as súas compras no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto, que participe na Campaña Navideña, ata o 12 de decembro poderán recoller unha carta para enviarlles aos Reis Magos. Na misiva terán que poñer o seu nome, idade e colexio no que estudan, deberán dicir cal é a materia que máis lles gusta e tamén a que menos, en qué teñen que mellorar e qué tres cousas lles gustaría recibir o día de Reis. Unha vez que teñan a carta lista teñen que volver ao establecemento a depositala antes do día 13 e despois as súas maxestades de Oriente contestarán a todas as cartas enviadas polos rapaces e rapazas de Foz.
Participan:
DECORACIONES PURA, GINZO HOMBRE Y MUJER, INFOTEC, PASTELERÍA ANDURIÑA, LONGARELA MODA, VAGALUZ, ELECTRICIDAD NÚÑEZ,
LIBRERÍA BAHÍA, DIN DON, ZAPATERÍA CHINELA, CHINELA NENOS, CENOR BELIANORTE, XANELA, HOME SECRET, PARAFARMACIA FOZ, ARRULLOS, KUKADAS, LA FLOR ABULENSE, LIBRERÍA A RAPADOIRA, VIAJES RODRÍGUEZ, 5 LOBIÑOS, SAINT TROPEZ, LOURDES LENCERÍA, MARÍA DOCAMPO, DON ZAPATO, ELECTRODOMÉSTICOS CELSO, CALZADOS PIRDE, ALAIN AFFELOU, LENCERÍA ESTHER, AMARENA, ESTACIÓN DE SERVICIO FOZ, ESTACIÓN DE SERVICIO LA OLA, ECOADELLAO, FAXTOR, CASA MOREDA, SUMINISTROS VEIPA