CRITINA OTERO BRAÑA É A GAÑADORA DUNHA DAS OBRAS DE ARTE NOS ESCAPARATES. O SORTEO DESTA INICIATIVA, REALIZADA POR ACIA/CCA DE FOZ, TIVO LUGAR ESTA MAÑÁ NO CENIMA.
Foz, 15 de maio de 2016. O Cenima, de Foz, acolleu esta mañá o sorteo dun dos cadros expostos nas últimas semanas nos escaparates de varios comercios asociados á Acia/CCA de Foz. A iniciativa, enmarcada na Semana da Arte na Mariña denominouse Arte nos escaparates.
No sorteo estiveron presentes o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, os coordinadores da Semana da Arte, Xerardo López e Pedro Cabarcos, así coma varios dos artistas participantes: Neira Broch, David Catá, Eva Rivas ou Xosé Blanco. A man inocente de Martina foi a encargada de extraer a papeleta afortunada. Cristina Otero Braña, de Foz, é a gañadora dunha das obras expostas. Proximamente coñecerase por cal se decantou.
José Carlos Paleo agradeceu aos artistas a súa participación nesta orixinal mostra, así coma aos establecementos que acolleron as obras nos seus escaparates desde o pasado 15 de abril. Foron 18 as obras expostas ata onte, sábado, en Saint Tropez, María Docampo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Chinela, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Farmacia Fátima Maañón, Estación de Servicios Foz, Kukadas, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Catorce Cero Catro, Bahía Xoguetería, 5 Lobiños, Lito Piel, Milar, Xanela agasallos e complementos, Longarela e Anduriña.( Faro Norte- Comunicaciòn)