MAÑÁ, VENRES, CHEGA UNHA NOVA CITA CO CAMPAÑAZO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. OS GAÑADORES DO SEGUNDO SORTEO RECIBIRON XA OS SEUS PREMIOS.
Foz, 25 de xaneiro de 2018. Mañá, venres, a partir das once da noite chegará unha nova cita co Campañazo, que organiza o Centro Comercial de Foz. En xogo estarán 600 euros en premios, 300 para a primeira persoa que o cante e outros 300 para o resto dos premiados.
O pasado 19 de xaneiro celebrouse o segundo sorteo desta nova edición do Campañazo do CCA focense. Na Bar Acuario tivo lugar a entrega de agasallos aos afortunados. Pilar Dimatz foi a gañadora dos 300 euros en vales de compra. E outras seis persoas se repartiron os outros 300 euros do Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. Encargáronse de facer entrega dos premios Olaya Pedrosa, a secretaria de Acia/CCA de Foz e Ramón, o propietario do Bar Acuario.( FARO NORTE- COMUNICACIÓN)