"Entregados os premios aos gañadores do terceiro Campañazo de xaneiro deste 2017, que organiza o Centro Comercial Aberto. Rosa Alonso e Arcadia Pedreira foron as gañadoras. Estas dúas mulleres cantaron á vez o Campañazo e levaron cada unha 150 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados que participan nesta tradicional cita en Foz. Os premios foron entregados por Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, na Cafetería Xoyma, desde onde tanto Rosa coma Arcadia cantaron o Campañazo o pasado venres, 27 de xaneiro. O resto dos cartóns premiados tamén recibiron os seus agasallos.
Mañá, 3 de febreiro, remata esta edición do Campañazo, organizado polo Centro Comercial Aberto. O cuarto sorteo dará comezo ás once da noite e emitiranse en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM."( Faro Norte Comunicación)