XA SE COÑECEN @S GAÑADORES/AS DOS 5 VALES DE COMPRA QUE HOXE SORTEOU O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ DENTRO DA SÚA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI. EN TOTAL REPARTÍRONSE 400 EUROS EN PREMIOS.
Foz, 10 de maio de 2017. Xa se coñecen os nomes d@s afortunad@s no sorteo de vales de compra da campaña do día da nai, organizada polo Centro Comercial Aberto de Foz. Puxéronse en xogo 5 vales por importe de 80 euros cada un. O sorteo tivo lugar esta mañá a través de Radio Foz.
Os premiados son: Carmen García, que realizou unha compra en María Docampo Moda; Esmeralda Cordido, que fixo unha compra en Carnicería Mercedes; Javier Martínez, que comprou en Milar ElectroFoz; Ana Goás, que consumiu en Salai Campo; e Lidia Rodríguez, que fixo unha compra en Kukadas. Cada un recibirá 80 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados.
Desde o Centro Comercial Aberto de Foz lembran que “a asociación xa se pon en contacto cos premiados para comunicarlles os seus premios e para indicarlles cómo teñen que facer para poder disfrutar deles”.
Na campaña do día da nai do CCA de Foz participaron 55 establecementos asociados entre os días 28 de abril e 7 de maio