CINCOENTA ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS PARTICIPARÁN NA 4ª FESTA VINTAGE, QUE ORGANIZA O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. OS DÍAS 23 E 24 DE XUÑO HABERÁ DESCONTOS ESPECIAIS NO COMERCIO, TAPAS E MENÚS VINTAGE E O SORTEO PRESENCIAL DE 1.000 EUROS EN VALES DE COMPRA.
Foz, 14 de xuño de 2017. A 4ª Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, terá lugar os días 23 e 24 de xuño. Nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, descontos especiais no comercio, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra.
Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, O Carro, Portovello, Dandy, Fina, Xoyma, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
O sábado, 24 de xuño, na carpa que estará instalada diante do Concello actuará a partir das 20 horas o grupo Sons Varadero y ás 20:45 horas dará comezo o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra, repartidos nun vale de 500 euros e 5 de 100 euros cada un.
Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio focense asociado os días 23 e 24 poderán cambiar os seus tíckets para participar neste sorteo o mesmo sábado entre as 12 e as 14 horas e de 17 a 20:30 horas na mesma carpa.
Os 25 establecementos comerciais que se dan cita na 4ª Festa Vintage, de Foz, son: 5 Lobiños, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación Servicio Foz, Estación Servicio La Ola, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Lencería y Baño, Mapfre, María Docampo, Pastelería Anduriña, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez e Zapatería Carmen León.