ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DA XIV RUTA DAS TAPAS, CELEBRADA EN FOZ A PASADA SEMANA SANTA.
Foz, 3 de maio de 2017. Onte á noite foron entregados os premios aos gañadores da XIV Ruta das Tapas, celebrada en Foz a pasada Semana Santa. O acto tivo lugar no Tangarte Mariñeiro.
O primeiro premio foi para a tapa de Xoyma. Os seus propietarios recibiron un diploma e estatuíña da man do alcalde, Javier Castiñeira; o segundo premio foi para O Muelle Bar, que tamén obtivo diploma e estatuíña entregada polo rexedor focense e o terceiro para Mayros. O encargado de entregar este galardón foi Ramón Castro, vogal de Acia/CCA de Foz. O público, a través das súas votacións en facebook, decidiu que a tapa mellor presentada fose a de Casa Maño. E a seguinte que reuniu máis me gustas, e que recibiu un diploma acreditativo, foi a elaborada por Bar 78. O premio a Casa Maño foi entregado polo vicepresidente do Centro Comercial Aberto, José Ginzo.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo “agradeceu a participación e o esforzo dos locais participantes nesta tradicional cita gastronómica da Semana Santa en Foz”. Paleo dixo que “a Ruta de Tapas xa está consolidada na Semana Santa, para ofrecerlle unha alternativa de ocio importante aos que nos visitan nesas datas, e así seguirá”.
O alcalde, Javier Castiñeira, que felicitou aos gañadores polos premios conseguidos na edición deste 2017 e avogou porque “comercio e hostalaría traballen no aproveitamento dos recursos turísticos da comarca da Mariña”.