O pasado venres, 27 de novembro, rematou en Foz o Campañazo de novembro, que organizou ACIA/CCA e que repartiu en total 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. A afortunada cos 300 euros do último Campañazo foi Mª Jesús Díaz Díaz, que seguiu o sorteo e cantou o cartón no Tangarte Mariñeiro, onde recolleu o seu agasallo xunto ao resto dos premiados.
O Centro Comercial Aberto de Foz agradece a participación no Campañazo a todos os locais que un ano máis se deron cita nesta iniciativa e tamén a todas as persoas que se fixeron cos seus boletos e que seguiron os sorteos na hostalaría local os venres pola noite. A directiva felicita a todos os premiados no Campañazo de novembro de 2015. ( FARO NORTE COMUNICACIÓN)